Skip to main content
ActualidadeAgro TERRACHÁXAVilalba

O Concello de Vilalba inicia a recollida de plásticos dos silos

Por 7 Outubro, 2018Sin comentarios

O Concello de Vilalba inicia este luns o servizo de recollida de plásticos de silos en todas as parroquias de Vilalba.

Esta operación desenvolverase ata o 14 de outubro. O Concello lembra que os veciños que desexen facer uso deste servizo deberán depositar eses plásticos de uso agrícola nos lugares da parroquias habilitados específicamente para esta operación. Deberán estar debidamente envoltos e atados.

O Concello lembra que non se recollerán os plásticos depositados nos colectores normais.