Rematan os traballos na ruta de sendeirismo de Muras a Cuíñas

O Concello de Muras rematou as obras de adecuación da ruta de sendeirimos Muras-Ucheiras-Cuíñas, a segunda que rematan neste termo municipal no último ano.

A falta da inauguración, a obra consistiu no adecentamento do camiño, a colocación de sinalización, cartaces informativos e cartaces sobre a flora e a fauna da zona.

Esta senda ten un percorrido de preto de nove quilómetros e investiuse nela, con cargo á Red Natura 2000 un total de 18.000 euros.

O alcalde de Muras, Manuel Requeijo, indicou que só falta a inauguración porque a senda xa está lista para o seu uso.

Etiquetas