O BNG de Outeiro de Rei afirma que o paso de peóns na N-VI foi “un logro de todos os veciños”

 O voceiro do BNG no concello de Outeiro de Rei cualificou como “un logro das veciñas e veciños” a sinalización dun paso de peóns entre a farmacia e o centro médico. “Este é o primeiro paso para conseguir que na vila de Outeiro poidamos cruzar dun xeito seguro cando temos que acudir as diferentes partes da vila que están divididas pola N-VI e o enlace coa A-6” afirmou Xosé Ferreiro.

Recentemente acometeuse a sinalización horizontal dun paso para peóns entre o enclave da farmacia e o restaurante Soborvila. Este paso permitirá cruzar con seguridade ás persoas que se desplazan dende o centro de saúde ata a farmacia ou viceversa. Ferreiro lembrou que esta é unha das demandas do BNG polas que se teñen presentado diferentes iniciativas no concello.

Xosé Ferreiro anunciou que o BNG seguirá traballando para conseguir pasos seguros para as persoas na N-VI en Outeiro de Rei e lembrou as accións simbólicas que se teñen levado a cabo nos últimos anos. “A veciñanza apoiou sempre a iniciativa tomada polo BNG de simbolizar, no día das festas de Santa Isabel, a necesidade de dotar de pasos de peóns tanto á N-VI como o enlace coa A-6” dixo Ferreiro e sinalou “a necesidade” de seguir avanzando neste tema.

Etiquetas