Skip to main content
ActualidadeGuitiriz

O Concello de Guitiriz inviste 450.000 euros en estradas municipais

Por 8 Outubro, 2018Sin comentarios

O Concello de Guitiriz investiu nesta segunda parte do verán un total de 450.000 euros no arranxo de numerosas estradas no termo municipal. Con algunhas xa rematadas e outras en proceso, o Concello valeuse das axudas que aporta o Plan Único, o Plan Marco e o canón eólico, ademais dos cartos propios.

Así, vén de rematar 7 quilómetros en Sambreixo, tras un verán de traballos, e aínda ten dous accesos que están a piques de finalizar polo que esta estrada quedará totalmente rexenerada. Tamén remataron en Santa Leocadia o acceso á igrexa dende a estrada da Deputación que vai a Friol.

A piques de rematar están tamén os traballos na estrada de San Salvador e o acceso ao Bascuas, que están moi avanzadas.

Por outra banda, nos próximos días vanse contatar as obras que van de Parga a Becín, onde xa se fixo a mesa de contratación e está en proxecto a que vai do Alto da Roca á escola de Santa Cruz e varias vías tamén nas parroquias do Buriz, Labrada, Os Vilares, Santa Mariña, Trasparga e Sambreixo.

Segundo indicou a alcaldesa, Regina Polín, o obxectivo é ter rematadas as obras antes de que finalice o ano.

PAVILLÓN

Por outra banda, a alcaldesa anunciou tamén que se retrasarán as obras de arranxo do pavillón municipal polo retraso que tivo a contratación. Para evitar interrrompir a actividade deportiva no comezo do curso, as obras aprazaranse ata o Nadal, aproveitando o parón das vacacións.