O Concello renovará a caseta do polbo de Castro Ribeiras de Lea

O Concello de Castro de Rei procederá á renovación da caseta do polbo situada en Castro Ribeiras de Lea, unha actuación que ten un custe de 40.000 euros, dos que o 65 por cento será aprotado pola Axencia Galega de Turismo dependente de Presidencia da Xunta de Galicia.

Os traballos desta obra consiste na colocación dunha pechadura de aluminio con cristal dobre que se realiza con motivos turísticos e que seguirá o patrón da caseta que se instalou en Castro de Rei. O obxectivo polo tanto é evitar que a xente pase frío ou se molle, sobre todo no  invertno.

Ata agora, eran os propios pulpeiros os que colocaban provisionalmente unhas lonas para pechar o perímetro da caseta de Castro de Ribeiras de Lea, unha medida insuficiente para conter as baixas temperaturas, tal e como constaban as decenas de veciños e visitantes que cada mércores acoden á súa cita semanal co pulpo.

A idea é que na cristaleira se coloquen motivos turísticos e tamén se reproducirán fotos antigas da feira de Castro, como medida para poñer en valor un evento crave na localidade.

Etiquetas