A parroquia de Silán, en Muras, celebra as súas patronais o 13

Esta fin de semana celebrase a festa na honra de Santo Estevo e a Virxe de Fátima, que comezará o sábado 13.

Nas dúas xornadas haberá ás 13:00 horas unha misa solemne seguida da procesión e despois sesión vermú coa orquestra Acordes.

O sábado ademais haberá unha gran verbena á noite. Esta vez veñen a animar a noite do sábado a Orquestra Acordes e o Grupo Limón, e o domingo o sexteto da mariña lucense e Asturias Alma Latina.

Todo esto celebrarase nun recinto con carpa  e está organizado pola Comunidades de Montes coa colaboración do Concello de Muras.

Etiquetas