Muras organiza un obradoiro de conservas artesás

O sábado 20 de outubro, no Local Social do Concello de Muras, de 10 a 14 e de 16 a 19, impartirase un obradoiro de conservas artesás. Hai 20 prazas por rigorosa orde de inscrición. Falarase das regras básicas, dos tipos de conserva e despois farase o obradorio para poñerse mans á obra e realizar estas ricas conservas.

As persoas interesadas poden anotarse chamando ao 982.500.001 ou ao 687.601.708.

Etiquetas