Skip to main content
ActualidadeRiotorto

O Concello de Riotorto organiza unha viaxe a Segovia e Madrid

Por 18 Outubro, 2018Sin comentarios

O Concello de Riotorto organiza unha viaxe á Segovia e Madrid para os días 17 e 18 de novembro.

A excursión, que conta coa colaboración de Game Sport, partirá de Riotorto ás 07:30 da mañá para facer unha parada para o almorzo ás 08:30 horas. Xa ás 11:30 horas está prevista a visita á cidade de Segovia con guia e xantar na propia cidade, para despois continuar camiño a Madrid e facer noite.

O día seguinte haberá unha visita a Madrid con guía pola mañá, para así deixar tempo libre pola tarde e sobre ás 18:00 volver dirección Riotorto.

As persoas interesadas poden inscribirse no teléfono 608 897 418 por 75 euros. As prazas son limitadas a 50 e terán preferencia aquelas persoas inscritas nas actividades dos centros veciñais.