Skip to main content
Actualidade

O BNG de Outeiro de Rei organiza unha andaina pola parroquia de Robra

Por 19 Outubro, 2018Sin comentarios

O BNG de Outeiro de Rei organizou para este sábado, 27 de outubro, unha andaina pola parroquia de Robra dentro do programa de actividades para coñecer os diferentes puntos do termo municipal. A actividade terá a sua saída ás 15.00 horas da igrexa de Robra e está previsto que finalice sobre as 19:00 horas.

Segundo indica a organización, o percorrido é apto para xente miúda.

Pola noite, os participantes poderán sumarse a un magosto que se celebrará en San Clodio, para o que se solicita confirmación.