O BNG pide a retirada da publicidade de “venta e aluguer de mulleres” do Campo Municipal de Outeiro de Rei

O BNG solicitará formalmente a retirada da publicidade instalada no Campo de Fútbol Municipal na que se anuncia un local no que se exerce a prostitución. Para o BNG non é normal que nunhas instalación de titularidade pública se anuncie “a venta e aluguer de mulleres para fins sexuais”. O valado publicitario está situado nun dos laterais do Campo de Fútbol que é titularidade do Concello de Outeiro de Rei e é perfectamente visible dende o enlace da A-6 coa vila de Outeiro de Rei.

Dende o BNG esixirase ao concello que regule a utilización das instalacións municipais e a publicidade que se instale nas mesmas e lembrouse que “ademais do que significa publicitar o comercio de persoas con fins sexuais para unha institución hai que lembrar que a esa instalación deportiva municipal acoden nenas e nenos que deberían estar apartados deste tipo de publicidade”.

Dende o BNG esixirase ao concello que regule a utilización das instalacións municipais e a publicidade que se instale nas mesmas. Os nacionalistas que se regule, a través dunha ordenanza municipal, tanto a utilización das instalacións deportivas municipais como o tipo de publicidade que se pode instalar nas mesmas. Outeiro de Rei conta xa con catro campos de fútbol municipais e neste momento non hai ningunha ordenanza que regule a súa utilización ou cesión.

 

Etiquetas