O PSOE de Cospeito fará preguntará sobre facturas e convenios no Pleno

O PSOE de Cospeito presentará no Pleno que terá lugar esta tarde no Concello unha serie de preguntas.  A primeira delas refírese ás facturas da luz. Concretamente desexan saber cantas facturas atrasadas quedan por pagar e canto se leva pagado nos anos 2016, 2017 e 2018 de intereses de demora por atrasos no pago de facturas.

Tamén interésanse polas facturas do servizo de limpeza da Casa Consistorial durante o mes de xullo, que ascenden a 6.813,80, e que veñen desglosadas en diferentes cantidades. “Entedemos que a cantidade total non será íntegra da Casa Consistorial, estamos no certo? Pode decirnos entón con que servizo se corresponde cada unha das cantidades?”, indica o PSOE.

Preguntarán tamén pola resposta da Xunta de Galicia sobre o PXOM, sobre a resolución das solicitudes para o entronque da auga e sobre o convenio coa Xunta sobre prevención de incendios forestais e as concentracións parcelarias.

 

Etiquetas