A Feira da Galiña de Mos será o domingo

Os sete criadores de galiña de Mos están ultimando detalles para a celebración o 28 de outubro, como todos os últimos domingos deste mes, da Feira da Galiña de Mos, que ten lugar na parroquia orixinaria desta raza autóctona, San Xiao de Mos, en Castro de Rei.

A feira, que acada xa a novena edición, contará un ano máis con feira de artesanía e o tradicional concurso e exposición de exemplares desta raza, concurso que organiza Avimós, a Asociación de Avicultures de Raza Galiña de Mos.

O punto principal da xornada será a degustación, que dará comezo ás 13:00 horas co reparto de racións a un prezo de oito euros, como o ano pasado, que consistirán en polo, patacas, ovos e queixo con bebida incluída. Serviranse un total de 800 racións e os tickets para adquirilas estarán á venda dende dous días antes por parte da organización ou no mesmo día da feira.

No apartado musical, destaca a actuación do grupo Tira para diante, pola mañá, e dun dúo musical, aínda sen determinar, pola tarde. Ademais, como actividades paralelas, tamén haberá xogos populares pola tarde.

Etiquetas