As obras da estrada entre Riotorto e Vilameá rematarán antes de fin de ano

As obras de reforzo do firma da estrada autonómica LU-124 entre Riotorto e Vilameá (A Pontenova) está previsto que rematen antes de fin de ano. Segundo o calendario previsto, a principios de novembro rematará a extensión do novo aglomerado e comezará a sinalización e demais actuacións complementarias.

Este treito conecta os concellos de Mondoñedo, Riotorto e A Pontenova, ademais de dar acceso á autovía A-8 a estes municipios e ao da Pastoriza.

As obras que están en marcha desenvólvense entre os quilómetros 23+040 (á saída da travesía de Riotorto) e 29+550 (final da estrada en Vilameá, na intersección coa estrada N-640). Consisten na extensión dunha nova capa de rodaxe en toda a sección. Neste tramo están incluídas as travesías de Recesende e Vilameá.

O proxecto prevé actuacións complementarias para mellorar a seguridade, mediante o reforzo da sinalización vertical, a substitución dos postes das barreiras de seguridade e a colocación de novos tramos de sistemas de contención. A obra inclúe a construción de cunetas de formigón para a mellora da drenaxe.

A Administración autonómica leva desde o ano 2015 traballando na mellora desta vía, achegando un orzamento conxunto que supera os 3 millóns de euros. Nestas datas están a piques de rematar os traballos de ampliación da calzada e de extensión do novo aglomerado no treito entre Lindín e A Cruz da Cancela, un proxecto no que inviste 1.800.000 euros. As obras nesta estrada iniciáronse no ano 2015 e acolleron un orzamento conxunto que supera os 3 millóns de euros.

”.

Etiquetas