Detido en Rábade por levar un permiso de circulación falso

A Garda Civil imputou en calidade de investigado en Rábade a un súbdito rumano, de 19 anos de idade e veciño de Rabade, como suposto autor dun delito de falsedade documental no permiso de condución de Rumanía e por carecer de permiso de condución.

Os feitos ocorreron nun control preventivo de identificación, no cal ao solicitar os axentes o permiso de conducir á persoa investigada, este presetou un documento expedido no Reino Unido, o cal carece dos elementos esenciais de seguridade, ante o cal interviuse para a súa remisión ao laboratorio do servizo de criminalística para a súa posterior análise.

Por outra banda, a Garda Civil detivo a dous súbditos rumanos, de 30 e 32 anos de idade, veciños de Lugo e Vilalba como supostos autores dun delito de roubo con forza. Os feitos delituosos tiveron lugar o pasado mes de xuño nas instalacións dun almacén de material de construción situado no término municipal da Fonsagrada, no cal supuestamente leváronse diverso material valorado en 2500 euros.

Etiquetas