Rosa Aneiros faise co II Premio Agustín Fernández Paz

A obra Unha manta rillada de Rosa Aneiros Díaz resultou ser a gañadora do II Premio Agustín Fernández Paz de narrativa infantil e xuvenil pola igualdade convocado polo Instituto de Estudos Chairegos, o Concello de Vilalba e Edicións Xerais de Galicia.

A obra presentada baixo o lema ou seudónimo de Khoedi foi destacada polo xurado integrado por María Reimóndez Meilán, Manuel Bragado Rodríguez e  Isabel Soto López, e ademais manifestaron que “esta novela infantil expresa a capacidade das crianzas para intervir en problemas sociais como a crise das persoas refuxiadas, utilizando a empatía e a comunicación interxeneracional como motores de transformación das vidas e da sociedade. Unha obra que dialoga con textos de Agustín Fernández Paz e reforza a idea do protagonismo de lectores e lectoras novos, non só como receptores de textos, reclamando a súa acción.”

 

 

Etiquetas