Hostaleiros de Guitiriz organizan un Samaín con concursos e cine

A asociación de hostaleiros De Bares de Guitiriz en colaboración con Xermolos organiza a festa de samaín que se celebrará do 31 de outubro ao 11 de novembro. Os hosteleiros que participan, Casa Gaibor, Xoldra, Soa, Nistal, Flamingo, Korreo, Titanic e Centro en Guitiriz; Comba e Recreo en Parga; e Casa Guinea nos Vilares; decorarán os seus locais, que ademais participarán no concurso de decoración de escaparates, cos motivos típicos de esta época. Tamén acordaron co colexio en facer un concurso de decoración de cabazas para os nenos. Así os veciños percorreránn os bares e locais portando roupas, disfraces e sementando o terror entre todos aqueles cos que se vaian cruzando.

Ademais, proxectaranse tres películas de cine de terror, o día 1 na Casa das Palabras de Guitiriz, o día 2 no salón de actos do CIT de Parga, e na Escola Habanera dos Vilares. Todas as películas están fixadas para as 21:30 e son de balde.

Etiquetas