O Concello de Muras solicitará o selo Starlight

O concello de Muras comezou os trámites para solicitar o selo Starlight, xa que conta cun ceo que reúne excelentes condicións para os afeccionados e amantes da astronomía, sen contaminación lumínica. De feito, xa hai tempo que dende a Sociedade Galega de Historia Natural achéganse de noite a distintas localizacións do concello para contemplar o firmamento e sacar imaxes.

A Fundación Starlight creou un sistema de certificación que acredita os espazos cunha excelente calidade de ceo e que representan un exemplo de protección e conservación. Son escenarios que incorporan a observación do firmamento como parte do patrimonio natural, paisaxístico, cultural e científico e fomentan o “Turismo das Estrelas” aproveitando a visión do firmamento como ferramenta para un turismo sostible que coidamos moi interesante para Muras.

Etiquetas