Comeza en Riotorto a instalación da fibra óptica

Empezaron estes días en Riotorto as obras de instalación da fibra óptica, en concreto nos barrios das Rodrigas, A Groba e A Veiga. Segundo indicou o alcalde, a empresa Telefónica poñerase en contacto cos veciños para informalos dos traballos que se están a realizar para os que o alcalde pediu a total colaboración.

“Esta instalación de fibra óptica no concello supón un avance moi importante para Riotorto, xa que empresas e particulares poderán desfrutar deste avance tecnolóxico, que aportará gran velocidad na transmisión de datos, maior seguridade e tamén máis capacidade de transmisión”, subliñou o alcalde, Clemente Iglesias.

Etiquetas