Éxito de participación no Trail das Bestas de Muras

O Trail das Bestas, reuniu esta fin de semana en Muras a case 300 atletas de toda Galicia así como doutras partes do Estado. A carreira que tivo tres variantes (maratón, 26km e 14km) desenvolveuse cun día típico de condicións meteorolóxicas de outono no norte de Galicia, con un día chuvioso e fresco, que se tornou extrema na maratón, xa que no punto máis alto da carreira de 1002 metros alcanzáronse temperaturas de 5 graos, pero cunha menor sensación térmica debido aos fortes ventos que alcanzaron a zona alta e a choiva.

Os corredores desta distancia deberon facer uso de todo o material obrigatorio que a organización sinalou, para poder pasar o pico de Xistral. A Serra do Xistral é un enclave cun microclima moi particular que, en calquera época do ano, pode converter ese espazo nunha zona de clima adverso.

A carreira foi dominada de principio a fin por Fernando Arca, o corredor de montaña máis premiado de Galicia, que completou a proba en 4 horas e 32 minutos. Nas femias loitaron durante toda a carreira as dúas primeiras Patri Ogando e Vicky Cebreiro que chegaron á meta xuntas en apenas 6 horas.

Nesta maratón os corredores de longa distancia pasaron por espazos como A Gañidoira, Serra do Xistral e Río Eume nun trazado que foi espectacular, e lembre-se, tanto o fermoso deseño, como a dureza dos seus 43 quilómetros.

Nas outras categorías, onde se alcanzaron niveis máis baixos de altitude, os participantes puideron gozar tanto das paisaxes do Xistral como das áreas forestais que rodean Muras. Na categoría masculina de 26 km deuse a anécdota do día. Antonio Cadaveira liderou a carreira, a máis de un minuto do grupo perseguidor e sufriu unha caída. Como resultado desta, prodúxose un corte no seu xeonllo que significou a súa retirada e traslado ao hospital. O grupo de persecución, composto por 4 corredores, detívose para axudar e avisar á organización para mover unha ambulancia. A continuación o cuarteto continuou xunto ata a meta, na que decidiron non entrar o sprint e cruzala meta todos xuntos.

Unha vez en meta, a organización tivo unha comida de confraternización onde os corredores puideron comentar as súas experiencias.

O concello de Muras, coa axuda da Deputación de Lugo, promoveu un ano máis unha carreira que citou a 300 corredores na área da Veiga, ademáis de acompañantes e públicos para facer do trail das Bestas, un dos trails máis importantes da provincia de Lugo e de Galicia.

As clasificacións, nos seus tres primeiros lugares serían así en cada unha das categorías:

Maratón mulleres:

1-Patricia Ogando
2-Vicky Cebreiro
3-Tereza Ctvrtnickova

Maratón homes:

1-Fernando Arca
2-Adolfo Garrido
3-Oscar Fernandez

26k mulleres:

1-Esther Hernández
2-Paqui Díaz
3-Inma Cabrera

26 km homes:

1-Miguel Vilaboy – David Martínez – Roberto Eimil – Iván Redondo

14 km mulleres:

1-Amira Simón
2-Raquel Guizán
3-Yuliya Nestsiarovich

14 km homes:

1-Carlos González
2-Iván Sangiao
3-Manuel Pérez

Etiquetas