Rematan varias obras viais en Rábade

O Concello de Rábade vén de rematar estes días varias obras en estradas de titularidade municipal. Así, xa están terminados os traballos de aglomerado da rúa Bos Aires e de Camiño Real. Ao mesmo tempo tamén finalizaron as obras dunha zona en Tras do Regueiro, concretamente no vial que coincide dende a avenida dos Remedios ata o cemiterio.

Paralelamente, remataron tamén as obras de instalación das camáras de control de seguridade no polígono municipal na primera e terceira fase.

A estas obras sumase a licitación estes días das obras na rúa Lope de Vega, dende o Concello ata a avenida de Vilalba. De feito, o Concello fixo unha reunión cos veciños da zona afectada para indicarlles en qué consistirán as obras e que repercusións terá sobre eles.

Nesta obra, que ten un orzamento de 80.000 euros, realizarase a pavimentación e ampliación de beirarrúas e pasará a ser unidireccional. Esta reparación realizarase con cargo aos plans de estradas da Deputación Provincial.

Finalmente, o Concello acometerá proximamente as obras de finalización da rúa Buenos Aires e parte de Camiño Real, que xa está adxudicada e que consistirá en botar aglomerado e zarra.

Etiquetas