Aecc de Guitiriz organiza unha viaxe esta fin de semana á costa co seu grupo de teatro

Aecc de Guitiriz organiza unha viaxe á costa norte de Galicia, acompañando ao grupo de teatro da localidade, que ten fixadas actuacións o día 10, ás 20.00 horas, en O Vicedo, e o 11, ás 19.00 horas, en Xove.

A saída será o sábado ás 16.00 horas do Campo da Feira guitiricense, para coñecer O Vicedo pola tarde, e o domingo haberá visitas ao Fuciño do Porco, o Paseo dos Namorados ou o Museo do Mar.

Para máis información, pódese chamar ao 618.70.90.85.

Etiquetas