O FIV 2019 será os días 26 e 27 de abril

O FIV de Vilalba 2019, que acadará a décimosegunda edición, terá lugar os días 26 e 27 de abril dando o pistoletazo de saída á tempada de festivais de Galicia.

A cita converteuse en imprescindible tal e como o demostran os datos das tres últimas edicións, nas que se venderon todo so bonos.

Os primeiros abonos sairán á venda o vindeiro mércores 14 de novembro ás 12:00 horas a través de www.fivdevilalba.com e www.eventbrite.é.

Etiquetas