Nova edición das Tapas de Muimenta a segunda fin de semana de decembro

A Xunta Directiva da Asociación de Empresarios de Muimenta, a cal engloba a gandeiros, profesionais e autónomos da parroquia, confirmou que este ano volverán a organizar Tapas en Muimenta. A que será a XVII edición terá lugar entre os vindeiros 6, 7 e 8 de decembro desde ás 19.00 ás 23.00 horas.

Os locais participantes (Alvariño, Anllo e Cabuxo), e a Xunta Directiva deciden manter a edición das Tapas de Muimenta, que se volverán a celebrar na súa edición de inverno.

Só haberá  unha tapa gañadora. A xente que acuda a consumir as tapas de Muimenta terá unha tarxeta, onde só poderán votar por un dos tres locais participantes, aínda que deberá ter o selo dos tres bares. O gañador, será, evidentemente, o que teña máis votos.

Cada tarxeta cuberta ten dereito a entrar nun sorteo dun vale de 75 euros a consumir nos diferentes socios do colectivo empresarial de Muimenta, nos trinta días seguintes á súa entrega. Ademais haberá un bus de Autocares Darriba que percorrerá a ruta de tapeo cada media hora, a partir das 20:30 horas.

De todos xeitos, tanto a Asociación de Empresarios coma os locais de hostelería participantes, manteñen o seu compromiso co pobo e coas tapas, e lembran que Muimenta, foi xunto a Vilalba, os primeiros pobos da comarca, que empezaron a organizar este tipo de concursos.

 

 

Etiquetas