A Banda de Música de Vilalba organiza o seu tradicional concerto de Santa Icía

A Asociación Cultural Banda de Música de Vilalba organiza este sábado 17 de novembro o seu tradicional Concerto de Santa Icía.

O evento terá lugar no Auditorio Municipal Carmen Estévez de Vilalba ás 20.30 horas con entrada libre e gratuíta.

Nesta ocasión, o repertorio escollido para esta festividade está conformado exclusivamente por música de cine, con seleccións de bandas sonoras orixinais tan populares como El Señor de los anillos, Robin Hood, Gladiator, Casablanca, Misión Imposible, James Bond ou Piratas del Caribe, entre outras.

Etiquetas