Rematan esta semana varias obras viais en Vilalba

Esta semana rematarán varias obras en Vilalba en temas de infraestruturas e dependentes de diferentes partidas orzamentarias. Así, se o tempo o permite chegarán ao seu final as obras da rúa San Roque, na que se traballou na substitición dos colectores con cargo ao Fondo de Compensación Ambiental cun orzamento de 200.000 euros.

Tamén están chegando ao seu final as obras do Plan Único, cun orzamento de 300.000 euros, que contemplaron o aglomerado de dúas estradas, a de Corbite a Román, que rematou estes días; e a de Vilalba a Buriz.

Finalizarán tamén as obras do Plan de Camiños, por valor de 130.000 euros, que contemplaban o arranxo das vías de unión das parroquias de Vilapedre, Insua, Torre e Noche.

Etiquetas