Skip to main content
ActualidadeXermade

Marchan a bo ritmo os traballos da ruta do batán en Xermade

Por 16 Novembro, 2018Sin comentarios

Máis dun 85 por cento das obras de recuperación dos muíños de Folgoso e de Orxás, no concello de Xermade, están xa finalizadas. Tamén se prevé restaurar dous batáns en Folgoso, unha moa en Orxás e a planta de luz de Vieiro, unhas obras que contan cunha achega autonómica de 63.200 euros , o 79 por cento do orzamento, a través do Grupo de Desenvolvemento Rural (GDR) da Terra Chá.

As obras consisten na restauración dos muíños de Folgoso e Orxás, a moa de Orxás e os batanes, ademais da fábrica da luz. Os traballos de rehabilitación consistirán no arranxo ou substitución das cubertas, na substitución das estruturas de madeira e no afianzamentos dos muros de pedra. Estas obras son necesarias xa que todas estas construccións están en desuso e moi castigadas polo deterioro. De feito, nun dos batanes reconstruirase a noria interior.

O obxectivo será activar os mazos e os edificios para que se poda facer un centro de interpretación no que poñer en valor este traballo e estas edificacións.