O delegado do Goberno afirma que a central das Pontes seguirá aberta

O delegado do Goberno en Galicia, Javier Losada, foi rotundo co futuro da central térmica das Pontes de García Rodríguez: “Quero deixalo ben claro, As Pontes non se vai a pechar, As Pontes vai seguir aberta”, manifestou ante os xornalistas ao término dun acto en Vigo.

“Vai seguir aberta porque cumpre os cometidos que marca a política energética europea e porque, ademais, está facendo as obras para acomodarse á lexislación vigente”, continuou. Nese sentido, enviou “unha mensaxe de tranquilidade ao alcalde, aos veciños e ás empresas das Pontes”.

Javier Losada recalcou que como ocorre coa central térmica das Pontes, “seguirán abertas todas as empresas que se axusten á política enerxética”.

En todo caso, aclarou que “o Goberno non ten a decisión de pechar ningunha central senón que ten decisión de que se cumpran as directivas que ata agora non estaban vigentes en España. Por iso ten a seguridade de que a das Pontes seguirá aberta”.

O Goberno ten “un compromiso coa transición ecolóxica, co medio ambiente, co cambio climático e con aquelas empresas que fan o seu traballo?, manifestou. Por iso, si outras centrais queren manter a súa actividade, o que teñen que facer é ?actuar conforme ao que marca a lexislación vigente”, resolveu.

Etiquetas