San Paio de Narla celebra o Día Internacional do Patrimonio con visitas gratuítas en rede

Co motivo da sintatura en París, o 16 de novembro de 1972, da Convención do Patrimonio Mundial Cultural e Natural, que sentaba a bases para desenvolver a protección deste tipo de patrimonios, a UNESCO creou o Día Internacional do Patrimonio.

A Rede Museística da provincia de Lugo, na que se atopa integrada o Museo Fortaleza de San Paio de Narla, quere sumarse ao 46 aniversario desta efeméride ofrecendo as Musavisitas pola Rede, actividade nas que os visitantes poden gozar de visitas guiadas nos diferentes museos que integran esta rede e que se suman á oferta das concertadas previamente. Estas visitas guiadas e gratuítas teñen lugar o conxunto de Friol ás 12:00 horas e ás 17:00 horas, agás os luns.

Cómpre lembrar que todos os días a entrada aos museos da Rede Museística son gratuítas, dispoñendo ademais dun amplo horario de visitas, que se prolonga a todos os días da semana no caso do Museo Provincial de Lugo.

Etiquetas