Riotorto recibe un predio do Banco de Terras

A Consellería do Medio Rural continúa co seu proceso de revisión do Banco de Terras e formalizou  o traspaso dunha vintena de predios que ata o de agora formaban parte deste órgano a unha ducia de concellos e á Axencia Galega de Calidade Alimentaria (Agacal). Na Terra Chá foi beneficiado o municipio de Riotorto, que adquiriu a titularidade dun predio.

Así, este predio poderá ser utilizados polos veciños, ben directamente ou a través de servizos municipais. Moitos destes terreos xa teñen construcións como parques infantís, depuradoras e depósitos de auga, aparcadoiros, centros socioculturais e de interpretación, etc. xa que proceden de masas comúns de zonas de concentración parcelaria transferidas no seu momento ao Banco de Terras.

Etiquetas