Responsables de Adif reúnense hoxe cos veciños de Parga

Esta tarde, ás 18:00 horas, terá lugar a presentación por parte dos responsables de Adif do proxecto de supresión dos pasos a nivel na vila de Parga.

A reunión, á que están invitados a asistir todos os veciños e interesados, terá lugar na CIT.

A supresión destes tres pasos a nivel está incluído nun Plan Estatal que contempla a eliminación duns 4.000 en España.

Como explica a alcaldesa, Regina Polín Rodríguez, “existe un problema real entre a cidadanía e a proposta que presenta Adif. Por este motivo, é moi importante para os veciños que os técnicos do organismo administrador de infraestruturas ferroviarias se acheguen a Parga e lles expliquen con todos os detalles a realidade da situación. Tamén é importante para o propio Concello, pois imos a ter a posibilidade de aclarar as responsabilidades que teremos que asumir si realmente non suprimimos os pasos a nivel”.

Etiquetas