Baldomero Iglesias presenta o seu novo poemario en Vilalba

O venres 23 de novembro, en Vilalba, vai ser presentado o libro No perfil das verbas, poemario de Baldomero Iglesias Dobarrio-Mero, con debuxos da vilalbesa María Guerrero Rico, que está editado pola asociación cultural Xermolos de Guitiriz.

O acto terá lugar no salón de actos da Casa de Cultura de Vilalba, ás oito do serán, e nel participarán Alfonso Blanco Torrado (en representación da entidade editora); o poeta de Ponte Outeiro, Xosé Otero Canto; o tamén poeta Xoán Xosé Fernández Abella, o gaiteiro Raul Galego, o xornalista Xulio Xiz, e o propio autor.

Este libro xa foi presentado días pasados na librería Couceiro de Santiago, sendo a presentación en Lugo, o próximo 27 de novembro, martes, ás sete da tarde, no salón de actos do Vello Cárcere.

Etiquetas