Skip to main content
ActualidadeAgro TERRACHÁXAFriol TERRACHÁXA

O Concello de Friol subvencionará aos veciños parte do custe da permuta de fincas

Por 27 Novembro, 2018Sin comentarios

O Concello de Friol vén de anunciar que axudará aos veciños con parte do custe que ten a permuta de fincas co obxectivo de apoiar a concentración parcelaria, unha medida sen precedentes.

O municipio de Friol é o cuarto da provincia de Lugo pola súa superficie, conta con 296 quilómetros cadrados, sendo a súa principal fonte de actividade económica o sector primario. Por iso, no proxecto de orzamento para o exercicio 2019, vaise a incluír unha dotación económica para fomentar e facilitar as permutas de leiras entre particulares. Esta nova iniciativa xorde para contribuír á potenciación de devandito sector.

Segundo o alcalde, José Anxo Santos, “temos un total de 63.666 parcelas de natureza rústica, isto lévanos, na maioría dos casos, ao minifundismo e, polo tanto, a incrementar os custes de produción nas nosas explotacións, pois todos sabemos que non é o mesmo utilizar a maquinaria para traballar en leiras reducidas ou que estean a moita distancia do asentamiento das naves principais do gando”.

“Desde o Concello, imos subvencionar os gastos de notario durante o ano entrante, nas escrituras de permutas de leiras rústicas situadas no término municipal, co importe do 50% do custo notarial, é dicir, cada interviniente recibirá unha subvención por parte do Concello da metade do gasto realizado nesa área.
Esta idea xorde, porque na actualidade é moi difícil levar a cabo unha concentración parcelaria, e desta forma, aos poucos, vaise mellorando e reducindo o número de predios”, explica.

Na actualidade, Friol ten terminadas as concentracións parcelarias de Burgo de Negral, con 571 hectáreas de superficie, tamén a de Gándara-Fraga de Carballo, con 93 hectáreas e a de Marcela, na parroquia de Silvela, con 282 hectáreas. Está en fase de proposta para Decreto a de Seoane-Mundín.

“Desde o Equipo de Goberno sentimos a necesidade de ir máis aló no apoio ao sector agrogandeiro. Levar a cabo unha concentración parcelaria é complicado por iso vémonos na obriga de apoiar dun xeito directo, implantando esta medida, que ata a data non existía, pero que creemos que pode ser dun gran calado entre os nosos ganaderos e agricultores, para que deste xeito unificar leiras sexa máis fácil sabendo de antemán que contan co apoio do Concello aportando esa subvención da metade do custe notarial”, engade.

Deste xeito, a partir do 1 de xaneiro do próximo ano, o Concello de Friol converterase no único municipio de España no que permutar leiras entre os seus veciños recibirá recompensa económica. Esta medida de apoio ao sector primario pódese levar a cabo, debido á situación económica que vive esta institución na actualidade.

En definitiva, o que pretenden, tanto o Alcalde, moi coñecedor do sector primario, como o resto do Equipo de Goberno, “é fomentar e ao mesmo tempo facilitar que os propios veciños se poñan de acordo e por medio da figura da permuta, poidan mellorar as súas explotacións e ser máis competitivos, reducindo custos de produción, para que obteñan maior rendabilidade.