A CIG afea ao GES de Guitiriz non ter socorrido ao traballador falecido en Begonte

A CIG vén de publicar un escrito no que critita a actuación do GES de Guitiriz o pasado domingo 25 de novembro por non acudir á alarma dun accidente sucedido nunha nave do Polígino Industrial de Begonte, e que  se saldou coa morte dunha persoa.

“Entendemos que este feito é de extrema gravidade toda vez que o Concello de Begonte se atopa dentro dos 4 concellos de actuación do GES Terra Chá, con base en Guitiriz e cuxo ámbito de actuación inclúe os Concellos de Guitiriz, Friol, Begonte e Xermade, e en consecuencia o GES de Guitiriz debe ser o primeiro recurso de Emerxencias en cubrir dito Concello”, explican.

Segundo indican, o pasado domingo non había ningún efectivo do GES de Guitiriz de garda na base e o teléfono de contacto do mesmo non estaba na posesión dos traballadores do servizo, senón dun membro do equipo de Goberno. “Esta situación é consecuencia dunha xestión do Servizo totalmente ineficiente e inoperativa, que desde a CIG vimos desde hai xa mais dun ano denunciando, posto que o GES Terra Cha conta só con 7 efectivos (incluindo un de baixa de larga duración) dun total de 12, en moitas ocasións non hai efectivos de garda, noutras só un operario, etc”, engaden.

“En calquera outro servizo municipal ou supramunicipal estaríamos a falar dunha xestíon deficiente, mais nun servizo de Emerxencias podemos estar a falar de xestión imprudente e neglixente”, din.

A CIG considera responsable da situación actual do GES Terra Chá non é ao Concello de Guitiriz, senón tamén á Deputación Provincial de Lugo e á Xunta de Galiza, “entidades estas con responsabilidades en materia de emerxencias e coñecedoras da situación deficiente deste servizo, e que non adoptaron nengunha medida para correxir tal situación”, din

Por último desde a CIG instan ás administracións con responsabilidades en materia de Emerxencia a que abran unha investigación para determinar cales foron as causas polo que o servizo de Emerxencias de referencia para o Concello de Begonte, o GES Terra Chá, non acudiu a asisitir a alarma derivada do fatal accidente sucedido o pasado domingo.

Etiquetas