Skip to main content
ActualidadeRábade TERRACHÁXA

A Deputación supervisa as obras na rúa Rosalía de Castro de Rábade

Por 28 Novembro, 2018Sin comentarios

O vicepresidente da Deputación, Argelio Fernández Queipo, comprobou, acompañado do alcalde, Francisco Fernández Montes, e do tenente Alcalde, Alejandro Martínez Campos, o resultado dos traballos que se executaron nun tramo da vía Rosalía de Castro, no casco urbano de Rábade. Trátase dunhas obras para os que o Executivo provincial achegou un total de 90.000 euros. Con estas actuacións, mellorouse o acceso a esta zona e o sistema de abastecemento de auga, que beneficia a numerosos veciños.

Fernández Queipo subliñou que “con esta actuación atendemos a unha reclamación histórica dos veciños e continuamos dotando ao rural de novas infraestruturas, co fin de mellorar o día a día e fixar poboación. A pesares do compromiso da Deputación, é preciso unha maior implicación de todas as administración na defensa do rural”.

As actuacións consistiron na renovación integral da rede de abastecemento de auga potable para numerosos veciños da rúa Rosalía de Castro. Realizouse una reforma das infraestruturas con conexión ao sistema principal de suministro. Con esta actuación, mellórase o servizo de traída e a calidade da auga para as vivendas da zona. As constantes averías, por roturas nas tubaxes, provocaban o levantamento do firme de cotío, algo molesto para os residentes, xa que a vía permanecía con surcos e canais abertos, o que dificultaba a circulación peonil.

Os traballos incluíron tamén a reconstrucción dun tramo da rúa, con reposición de firme na calzada, con aglomerado en quente, e ampliación de beirarrúas, así como dotación de alumeado público e renovación do servizo de recollida de augas pluviais.