Skip to main content
ActualidadeVilalba

As escritora vilalbesa Cecilia Fernández, participa nunha mesa redonda sobre o Premio Nortear

Por 28 Novembro, 2018Sin comentarios

As escritoras Lara Dopazo Ruibal (Marín, 1985) e Cecilia Fernández Santomé (San Simón, Vilalba, 1984) participarán o próximo sábado, día 1 de decembro, ás 20:30 horas, nunha mesa literaria arredor do Premio Nortear. Esta terá lugar no marco da programación do Culturgal – Feira das Industrias Culturais, que se celebra no Pazo da Cultura de Pontevedra entre o 30 de novembro e o 2 de decembro. Anxo Lorenzo, Director xeral de Políticas Culturais da Consellería de Cultura e Turismo da Xunta, será o encargado de moderar o encontro.

Este é unha iniciativa conxunta da Xunta, a Direção Regional de Cultura do Norte de Portugal e a Agrupación Europea de Cooperación Territorial Galicia – Norte de Portugal, dentro do Memorando de Entendemento asinado polas tres entidades. Toma o relevo das “Conversas Nortear”, que se desenvolveron en anos anteriores, reunindo autores e autoras (Inma López Silva, Valter Hugo Mãe, Paula Carballeira, Virgínia do Carmo, etc.) de ambos lados da fronteira. Esta conversa ten como obxectivo promover a reflexión sobre o feito literario en Galicia e Portugal, ofrecendo novas perspectivas sobre as letras a ambos lados da fronteira. Tamén pretende estimular o coñecem