Skip to main content
ActualidadeVilalba

Vilalba contará con varias actuacións de relevancia este Nadal

Por 28 Novembro, 2018Sin comentarios

O Concello de Vilalba ten preparado para a época de Nadal unha serie de actividades de lecer. A programación cultural prevista será para o día 30 de novembro un concerto da Orquestra Sinfónica de Galicia, o espectáculo Conxuro do Mago Yunke para o 9 de decembro, o musical de Vaya Santa Claus o 15 de decembro e o 30 de decembro será o turno do Ballet Sherezade e Chopiana co acompañamento da Orquestra Real Kyiv Filarmonica Orquesta.

Orquestra Sinfónica de Galicia

A Orquestra Sinfónica de Galicia actuará novamente no auditorio Carmen Estévez de Vilalba o próximo venres 30 de novembro ás 20:30h, concerto que contará con José Trigueros como director.

A orquestra ofrecerá o seguinte programa:

I WOLFGANG AMADEUS MOZART (1756-1791)
Sinfonía nº 40, en sol menor, KV 550

Molto allegro
Andante
Menuetto. Allegretoo
Allegro assai

II LUDWIG VAN BEETHOVEN (1770-1827)
Sinfonía nº 7, en la mayor, op. 92

Poco sostenuto
Allegretto
Presto
Allegro con brio

As entradas están xa á venda a dez euros. Para os que mercen a mesma en taquilla o prezo será de 12 euros.

 

Mago Yunke

O espectáculo Conxuro, do Mago Yunke, estará o próximo domingo 9 de decembro de 2018 no auditorio Carmen Estévez de Vilalba. Esta función dará comezo ás 20:00 horas. En Esconxuro, O Mago Yunke, presenta as súas mellores ilusións, as súas últimas creacións máxicas e as que o levaron a ser un dos máis recoñecidos magos do mundo.

Un espectáculo teatral que ofrece desde números con moita forza e espectacularidade, ata tenros xogos que farán as delicias de todo tipo de público. Grandes Ilusións de espectacular impacto que se entrelazan coa música e unha impecable posta en escea, enriquecendo a interacción co público.

O Mago Yunke é un dos grandes ilusionistas da nosa época e goza de gran prestixio entre os profesionais do mundo do espectáculo grazas á calidade e fiabilidade das súas intervencións, e á capacidade para entender e potenciar os proxectos nos que participa.

Venda anticipada online en Ataquilla.com e na casa da Cultura ( a partir do 26 de outubro) de 11h a 13h e de 17:30h a 21:00h.

Vaya Santa Claus

Neste Nadal, pequenos e maiores poderán desfrutar  do musical de Vaya Santa Claus, onde aprender a vivir o espírito do Nadal e os seus valores. Descubrirán cómo se fabrican os xoguetes e voltarán a casa sabendo que o mellor regalo que podemos ter é a familia.

Será o sábado 15 de decembro ás 18:00h no Auditorio Carmen Estévez.

As entradas están á venta por 13 euros. En taquilla o prezo será de 16 euros.

Venda anticipada en Ataquilla.com e na casa da cultura de 11h a 13h e de 17:30h a 21h.

Sherezade e Chopiana

O domingo 30 de decembro, o auditorio Carmen Etévez de Vilalba acollerá o Ballet Sherezade e Chopiana co acompañamento da Orquestra Real Kyiv Filarmonica Orquesta. Será ás 20.30  horas. As emtrads xa están á venda a 13 euros, que serán a 15 en taquilla. Para nenos, os prezos serán entre 8 e 10 euros. As entradas están á venda en Ataquilla.com ou na casa da Cultura.