Detido en Outeiro de Rei un veciño en busca

A Garda Civil detivo onte a primeira hora da mañá a un veciño de Outeiro de Rei de 19 anos de idade, ao cal cónstalle unha orde de procura, detención e presentación dimanante do Xulgado de Instrución de Chantada.

Or outra banda, a Garda Civil imputou en calidade de investigado a un veciño da Pastoriza de 46 anos de idade como suposto autor dun delito de danos.

Os danos valorados nuns 3000 euros consisten na rotura dunha condución de auga que atravesaba unha leira, adquirida recientemente polo investigado, ocasionando un prexuízo diario a terceiros pola privación do auga.

Etiquetas