Skip to main content
ActualidadeRiotorto

Comeza a cuarta edición da Ruta de Tapas de Riotorto

Por 30 Novembro, 2018Sin comentarios

O 30 de novembro e 1 de decembro celebrarase a cuarta edición da Ruta das Tapas de Riotorto. Son un total de cinco os establecementos hostaleiros do concello que ofrecerán as súas propostas á ruta do tapeo: Mesón Novo América, Casa Rivas, Casa Rodil, Confitería Irma e Café-Bar Volante.

O prezo de cada tapa, que se servirán en horario de oito do serán a doce da noite, é de 2 euros.

Entre as persoas participantes sortearanse ata cinco premios: o primeiro de 200 euros, o segundo de 100 euros, o terceiro por un vale de 50 euros de queixos Don Hilario, o cuarto da mesma cantidade por produtos cárnicos O Mazo e o quinto tamén de 50 euros para gastar na Panadería Carteire.