Skip to main content
ActualidadeAgro TERRACHÁXA

Abonados os anticipos ás axudas da PAC

Por 2 Decembro, 2018Sin comentarios

A Consellería do Medio Rural xa tramitou o pago de máis de 26 millóns de euros como anticipos das achegas agrogandeiras da Política Agrícola Común nestas dúas últimas semanas do mes de novembro. Estes anticipos chegan a 16.000 gandeiros e agricultores en concepto de axudas de vacún de leite e de vacas nutrices, precisamente porque os abonos do resto de liñas concéntranse nun único pago.

Así mesmo, na primeira quincena de decembro prevese o pago de máis de 110 millóns de euros de axudas directas correspondentes ao pago básico, pago verde, pequenos agricultores e pagos acoplados, o que elevaría a cifra a case 140 millóns de euros que, en total, beneficiarán a preto de 26.000 gandeiros e agricultores galegos.

Trátase do maior desembolso de fondos da PAC realizado pola Xunta neste período de programación. Deste xeito, a consellería cumpre o compromiso adquirido por José González o mes pasado, cando anunciou que, por primeira vez en Galicia, os chamados pagos de salgo (a maioría das axudas) se aboarían a principios de decembro, conseguindo así aboar a maior parte das axudas da PAC antes de que remate o ano.

Estes pagos son posibles grazas ao traballo realizado polos servizos centrais e territoriais do Fondo Galego de Garantía Agraria (Fogga) que se esforzaron por levar a cabo todos os controis administrativos e sobre o terreo obrigatorios desde a presentación da solicitude única deste ano, para que o sector puidera dispoñer dos recursos económicos o antes posible, de acordo co compromiso da consellería.