O día 8 conmemórase o 121 aniversario do nacemento do poeta Avelino Díaz

A Asociación Cultural Avelino Díaz desenvolverá o día 8 de decembro de 2018 un programa de actividades que conmemorará o 121 aniversario do nacemento do poeta.

O programa consta de dúas conferencias impartidas, respectivamente, polos historiadores Miguel Anxo Seixas Seoane e Ramón Villares Paz, sobre aspectos da emigración e do exilio directamente relacionados con Avelino.

A actividade completarase cun recital poético de Mª José Fernández e de Xesús Castro Yáñez, e coa intervención musical do solista mirandés-chairego David Rodríguez.

O acto desenvolverase na Casa da Cultura de Meira.

Programación

16.30 horas.  Presentación do documental sobre os actor arredor do 120 aniversario de Avelino (decembro 2017).

17.00 horas.  Conferencia de Miguel Anxo Seixas Seoane.

18.00 horas.  Recital poético a cargo de María José Fernández e Xesús Castro Yáñez.

18.15 horas.  Conferencia de Ramón Villares Paz.

19.15 horas.  Peche musical.

19.30 horas. Merenda por Avelino.

Etiquetas