Skip to main content
ActualidadeCospeito

Os empresarios de Muimenta organizan dúas charlas sobre emprendemento

Por 8 Decembro, 2018Sin comentarios

O vindeiro luns 10 de decembro, a partir das 21:00 horas, no Local Social do Centro Médico de Muimenta, terá lugar, a cargo de Alberto Ferreiro Barreiro, xerente da empresa Reimpulse Mentoring de Lugo, a conferencia Es escravo ou dono do teu negocio?, mentras que ao luns seguinte, 17 de decembro, a mesma hora, terá lugar a segunda parte da mesma: Como convertir o teu negocio nunha empresa de éxito.

O poñente é Alberto Ferreiro Barreiro, empresario, conferenciante, mentor e formador de emprendedores, autónomos e empresarios con máis de 15 anos de experiencia no mundo dos negocios, mostra estratexias que derivan da súa propia traxectoria como empresario, así como as craves para analizar e facer fronte ás etapas da crise dun xeito eficaz. Todo isto co único fin de que os empresarios poidan dirixir realmente os seus negocios cuns bos resultados económicos e á vez se poida desfrutar do realmente importante: a total liberdade nun negocio que derive no goce do tempo e de vida no eido persoal.

Igualmente, non podemos esquencer da gran problemática que está a sufrir hoxe en día o rural galego, o despoboamento do mesmo, a marcha da xente mási nova cara as cidades, e polo tanto, os problemas que dita situación trae non só ao texido empresarial do rural, senón a toda a poboación e aos servizos aos que teñen dereito.

Es escravo ou dono de teu negocio? vai dirixida a todos ou autónomos e empresarios que ven como os seus negocios non avanzan e que se ven atrapados no día a día do seu traballo e o seu negocio, non logran os resultados esperados e en moitos casos, acaban pagando un algo prezo polo esforzo que desenvolven. O conferenciante fará unha análise das causas e compatirá cos asistentes as casusas e as claves prácticas para salir de dita situación de crise.

Cómo convertir o tu negocio nunha empresa de éxito poñerase o foco sobre os puntos máis importantes que determinan hoxe en día o éxito dunha empresa; e non só referido á conta de resultados ou beneficio, senón tamén, a alcanzar un estilo de vida que permitan desfrutar ao máximo dos nosos proxectos tanto profesionais como persoais. En dita xornada, Alberto Ferreiro falará de casos prácticos exitosos e de como foron os procesos para cumprir os obxectivos establecidos.