Repartidos os premios da cuarta Ruta das Tapas de Riotorto

O Concello de Riotorto fixo públicos os premios da cuarta Ruta das Tapas, que se celebrou o 30 de novembro e o 1 de decembro coa participación de cinco establecementos, Mesón Novo América, Casa Rivas, Casa Rodil, Confitería Irma e Café-Bar Volante.

O primeiro premio, valorado en 200 euros, foi para Martín Pacio Rodríguez, de Aguarda; o segundo, de 100 euros, foi para Francisco Celeiro Corral, de Asturias; o terceiro, dotado con vale de 50 euros de queixos Don Hilario, correspondeu a Óscar Murado Expósito, de Aldurfe; o cuarto, consistente nun vale de 50 euros de cárnicos O Mazo, for para Abel Valiña Irimia, de Gueimonde, e, o quinto, de 50 euros para gastar en panadería Carteire, correspondeu a Xusto Iravedra Mourelle, de Braña.

Etiquetas