Xermade desenvolve tres iniciativas na zona rural

O Grupo de Desenvolvemento Rural (GDR) Terra Chá financiou tres proxectos en Xermade. O primeiro beneficiado é unha empresa privada adicada á construción de estruturas de madeira para exteriores e que fixo a súa ampliación. , así como a posta en marcha dun obradoiro de cociña vexetariana. Trátase da empresa Xardinor, que investiu 236.300 euros en realizar unha ampliación mediante a construción dun secadeiro de madeira e unha nave para almacenamento. A cantidade subvencionada ascende a 102.206 euros -o 43% do importe- e o promotor consolida sete postos de traballo.

O GDR concedeu así mesmo unha axuda para o inicio da actividade de Sen Sucre, un obradoiro de cociña vexetariana con reparto a domicilio e a través de puntos de venda. Esta iniciativa recibiu unha achega de 9.780 euros -o 50% do investimento- para adecuar un local e dotalo do equipamento necesario.

No caso de Xermade, subvenciónase o 79% do orzamento da rehabilitación de elementos etnográficos para a súa posta en valor nos lugares de Folgoso, Orxás e O Vieiro (da parroquia de Lousada). Son todas elas construcións singulares e vinculadas á auga. En concreto, estanse a executar as obras de recuperación dos muíños de Folgoso e de Orxás. Tamén se prevé restaurar dous batáns en Folgoso, unha moa en Orxás e a planta de luz de Vieiro. A Consellería do Medio Rural achega 63.200 euros a este proxecto a través do GDR.

Etiquetas