O Carabuxo gaña o certame de Tapas de Muimenta

O Asador Carabuxo resultou gañador da XVII edición das Tapas de Muimenta, que se celebrou durante a ponte de decembro coa participación tamén do Restaurante Anllo e o Bar Alvariño.

O resultado do reconto das 416 rutas compretadas, deron o seguinte resultado. En primeira posición quedou Asador O Cabuxo con 189 votos, en segundo lugar Restaurante Anllo con 121, terceiro posto para Bar Alvariño con 91 e por último 15 votos nulos.

Polo tanto, a especialidade do Asador O Cabuxo coa súa tapa de lomo de cerdo con geleé de viño mencía foi a preferida polo público participante na XVII edición das tapas de Muimenta.

Durante este evento de tres días de duración despacháronse un total de 1.499 tapas. O público participante co seu voto optaba a tres vales de 75 euros cada un, a gastar nos negocios dos socios da Asociación de Empresarios de Muimenta, nun máximo de trinta días dende a súa entrega. Os gañadores foron Isolina Sobrado Ónega de Meira, Enma Méndez Grueira de Bazar de Castro de Rei e José Luis Fernández Suárez de veciño de Arneiro (Cospeito).

A entrega de premios e vales terá lugar o martes 18 de decembro, ás 20:30 horas no local social que a Asociación de Empresarios de Muimenta ten na Casa da Cultura.

 

Etiquetas