Comeza a primeira fase da obra de contrución da nova depuradora de Bretoña

O Concello da Pastoriza iniciou os traballos de construción da nova estación depuradora de Bretoña para poder dar o servizo a finais do mes de febreiro ou comezos de marzo. Acuanor é a empresa encargada de realizar estas obras que se dividen en dúas accións principais, por unha banda a obra civil, vinculada á construcción do novo edificio e a obra técnica, que consistirá no tratamento da auga para cubrir todas as garantías de sanitarias.

As obras da nova estación depuradora e potabilizadora tomáronse con carácter de urxencia debido aos problemas de empeoramento da calidade da auga que nos últimos tempos non facía un bo servizo e provocaba moita turbidez na auga provocada polo alto contido en sólidos que lle dan mal aspecto. Trátase dun problema moi común na zona o que provocou unha acción rápida debido ao empeoramento do seu estado.

Así, o Concello decidiu acometer estas obras con reservas municipais. A primeira parte da obra é a construción do novo edificio tras a retirada do antigo, que leva tempo sen funcionar. Trátase dunha obra civil que terá tamén un carácter pedagóxico xa que a súa execución estará preparada para que os rapaces coñezan nestas instalacións o ciclo da auga a través de paneis explicativos.

A segunda parte da obra será o tratamento da auga a través dun proceso de coagulación, decantación, filtración e desinfección que ofreza aos consumidores un estado auga baixo os máis estrictos parámetros sanitarios. Ademais, a nova Edar permitirá tratar unha maior cantidade de auga. A demanda actual é de 300 metros cúbicos ao día pero coa nova instalación o procesado poderá chegar ata os 500 metros cúbicos o que lles permitirá chegar a 20 metros cúbicos á hora o que é importante para servir a outras partes do concello en caso de sequía.

 

Etiquetas