Cabalgata de Reis en Pol

A Asociación de Mulleres Rurais e o Concello de Pol están a preparar a Cabalgata de Reis para o vindeiro 5 de xaneiro. Convidan a todos aqueles nenos e adultos a que participen nesta tradicional cabalgata que terá prevista a súa chegada ao consistorio ás 17:00, para despois no centro sociocultural agasallar aos máis cativos.

Ademais haberá unha merenda para todos os asistentes, con produtos tantos doces como salgados feitos pola Asociación e un roscón de reis feito pola panadería Fernández de Mosteiro.

Tamén haberá tempo para facer un sorteo cunha cesta con diferentes produtos e agasallos, no que se pode participar coa compra de rifas no momento da cabalgata.

 

Etiquetas