Skip to main content
A PastorizaActualidade

Pastoriza mellora o PAI cun pechamento perimetral

Por 18 Decembro, 2018Sin comentarios

O Concello da Pastoriza está facendo obras de mellora do Punto de Atención á Infancia, un proxecto financiado con máis de 20.000 euros do Goberno autonómico, e case uns 3.000 euros que aporta o propio concello.

Nestes traballos de mellora inclúese a construcción dun cortaventos perimetral no parque infantil para poder protexer o patio de xogos das posibles inclemencias meteorolóxicas. Dito cortaventos vai montado sobre unha estrutura de madeira laminada, na que un sistema de corredoira permita a súa apertura con tempo favorable é así desfrutar da épocal estival.

O PAI de Pastoriza conta con dez alumnos aínda que ten capacidade para 20, así que propoñen abrir outra data de matriculación en xaneiro. Ademais a través do Centro de Información da Muller de Mondoñedo prestarán o seu servizo a nenos de ata 6 anos.