Os ponteses reuniranse no auditorio para ver a gala de Operación Triunfo

Hoxe mércores, a partir das 21.00 horas, repartiranse de xeito gratuíto as invitacións, no Auditorio Municipal Cine Alovi, para ver a emisión da Gala Final de Operación Triunfo. Obxectivo desta medida é ofrecer apoio á concursante pontesa que chegou ata o último programa.

Ás 22:00 horas, antes do inicio da gala, proxectarase un vídeo-resume do paso de Sabela pola Academia e, ás 22:30 horas, inciarase a retransmisión da última Gala de Operación Triunfo 2018.

Etiquetas