Begonte presenta o seu programa de Nadal

O Concello de Begonte deseñou un calendario de actividades para celebrar este Nadal. Os actos comezaron cos Cantos de Nadal e de Reis por Baamonde e Pacios, nunha iniciativa organizada polas escolas de música de Rábade, Begonte e Outeiro. Hoxe os alumnos das escolas volverán a actuar na Casa da Cultura, ás 19.00 horas, coa Audición de Nadal.

O luns 24 haberá espectáculo teatral na casa da cultura ás 16.00 horas da man de Palimoco Teatro e unha hora máis tarde será a visita de Papá Noel.

O mércores 26 está prevista unha excursión a Xuvenlugo, na que hai que inscribirse nas oficinas do Concello.

Xa en xaneiro o día 3 está programado un espectáculo de maxia co Mago Antón. Será ás 12.00 horas diante do Ceip de Begonte e o día 5 será o turno da tradicional Cabalgata de Reis, que sairá ás 16.30 horas do centro sociocultural de Begonte. Despois haberá festa infantil no pavillón. Á programación súmase unha nova edición do campamento infantil, que será os días 27 e 28 deste mes e o 2, 3 e 4 de xaneiro.

Etiquetas