O centro de día Vila de Valverde de Cospeito segue hoxe coas súas actividades de Nadal

O centro de día Vila de Valverde de Cospeito terá actividades polo Nadal. A música terá un papel moi importante, así haberá varias actuacións. A primeira delas, estivo a cargo da agrupación da Uned Sénior de Eume e Terra Chá que tivo lugar este luns 17, mentres que hoxe, xoves, á mesma hora será o recital da coral polifónica Virxe do Monte de Cospeito.

O Festival de Nadal está fixado para a vindeira semana, en concreto para o día 26, tamén a partir das 15.30 horas, e incluirá unha representación teatral a cargo de usuarios e persoal do centro, que leva por título A túa cara sóame Cospeito.

Ademais a maiores destas celebracións e de adornar o centro coa decoración propia destas festas, na entrada do centro colocouse un dos camellos dos Reis, que recollerá as cartas de todos aqueles que queiran depositalas no seu buzón.

Etiquetas